Sábado, 21 enero 2012

A Conselleira de benestar visita as instalacións do centro de día e residencia da Laracha

Enviar por email

Beatriz Mato: “La Xunta ha invertido 1,7 millones en la construción y el mantenimiento anual supondrá un gasto de 700.000 euros. Se trata de hacer la casa y mantenerla”. José Manuel López Varela: “O Concello incrementou en 300.000 euros a partida orzamentaria destinada á prestación de servizos sociais en 2012”. O centro de día ten capacidade para 40 persoas e a residencia, para outras 20...

Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, visitou onte pola mañá o Concello da Laracha para coñecer persoalmente as instalacións do centro de día e fogar residencial para maiores que están en funcionamento desde o pasado mes de outubro.

A Conselleira mostrou a súa impresión pola infraestrutura construída na rúa Eusebio Bértoa Queijo –xunto ao cuartel da Garda Civil- cun expresivo “¡vaya cambio desde que pusimos la primera piedra!” na súa chegada ao centro de día, onde foi recibida por unha ampla representación do goberno municipal –encabezada polo Alcalde, José Manuel López Varela-, o deputado autonómico Alberto Sueiro e, entre outros, responsables da empresa concesionaria da xestión da instalación.

Con esa expresión Beatriz Mato lembraba o acto oficial do inicio das obras que ela mesma presidiu: “tuve el honor de haber colocado la primera piedra y ahora es una auténtica satisfacción confirmar su puesta en funcionamiento”.

Para a Conselleira de Traballo e Benestar, instalacións como a da Laracha “ratifican o compromiso da Xunta de Galicia en ofrecer servizos que a cidadanía está demandando” e apuntou que iso ten unha influencia directa sobre os orzamentos galegos xa que, no caso concreto da Laracha, “se han invertido 1,7 millones de euros en la construcción del centro de día y hogar residencial y su mantenimiento anual supondrá un gasto de 700.000 euros, por lo que se trata de hacer la casa, pero también de mantenerla”.

Beatriz Mato, tras manter un distendido encontro cos usuarios do centro de día, concluíu afirmando que “garantizar la calidad en los servizos esenciales y generar empleo” son os dou claros obxectivos “da aposta ao cen por cen da Xunta de Galicia por mellorar a calidade da atención asistencial”. A colación diso, lembrou que a Consellería “también ha puesto en funcionamiento la Cartera de Servicios”, coa que se poderá “hacer un traje a medida de las necesidades que presente cada persona”, o que posibilita, por exemplo, que os usuarios dos centros de día poidan ser, ao mesmo tempo, beneficiarios dos programas de axuda no fogar durante o tempo que estean no seu domicilio.

José Manuel López Varela, Alcalde da Laracha, agradeceu a presenza de Beatriz Mato no municipio e lembrou que, ademais do centro de día e fogar residencial, a colaboración do Concello coa Consellería de Traballo e Benestar tamén permite o mantemento da escola infantil A Galiña Azul. Para asumir os gastos derivados do funcionamento de ambas instalacións, nos orzamentos municipal do ano 2012 “hai un incremento de 300.000 euros na partida destinada á prestación de servizos sociais á poboación da Laracha”.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS