Martes, 24 enero 2012

Sesión Ordinaria do Pleno da Corporación Municipal

Enviar por email

O Pleno da Corporación Municipal do Concello da Laracha reunirase este mércores, día 25 de xaneiro de 2012, a partir das 13.30 horas nunha sesión na que serán debatidas cuestións tratadas nos últimos días nas respectivas Comisións Informativas que foron convocadas para tal fin.

Na Comisión Informativa de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas –que está presidida polo edil Ramiro Bello Recouso- presentouse a proposta do equipo de goberno para modificar puntualmente o contido do texto da ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de licenzas de vaos e, deste xeito, facilitar a tramitación do mesmo para determinados casos concretos.

A Comisión Informativa de Industria, Comercio, Urbanismo, Obras e Patrimonio –que preside o edil Alberto Blanco Veiga- tratou a aprobación definitiva do estudo de detalle para ordenar a ocupación e reaxustar as aliñacións e agrupar tres delas no plan parcial Buenos Aires área de reparto AR-S3 referido á urbanización situada no inicio da estrada A Laracha-A Silva.

Este asunto elévase ao Pleno tras ser aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local e superar o período de información pública sen terse presentado alegacións.

Orde do día
Ao completo, a orde do día da sesión plenaria inclúe os seguintes puntos:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Dar conta do decreto de modificación de delegación de atribucións de 18 de xaneiro de 2011 na Xunta de Goberno Local.

3.- Modificación da ordenanza fiscal número 6 reguladora da taxa por expedición de licencias e vaos e polas reservas de vía pública para entrada de vehículos a través das beirarrúas e autorizacións para aparcamentos exclusivos, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

4.- Aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas R-34 a R-41 da área de reparto AR-53 Buenos Aires.

5.- Mocións, rogos e preguntas.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS