Viernes, 27 enero 2012

Celebración do Día Escolar pola Paz

Enviar por email

Coma ven sendo xa costume, o CEIP Ponte dos Brozos participa activamente na conmemoración do Día Escolar pola Paz, instaurado oficialmente polas Nacións Unidas...

Coma ven sendo xa costume, o CEIP Ponte dos Brozos participa activamente na conmemoración do Día Escolar pola Paz, instaurado oficialmente polas Nacións Unidas, e que en Galicia vimos celebrando o 30 de xaneiro no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, do que iste ano se cumpren 64 anos.

As actividades que temos programadas son as seguintes:

  • Cantar no patio todos xuntos, con megafonía, a canción de Antonio Flores: “No dudaría”.
  • A continuación todos de viva voz diremos unha frase relativa á paz “TODOS XUNTOS ACADAREMOS A PAZ NO MUNDO”. Isto será o sinal para que integrantes da Asociación Columbófila Herculina realicen unha solta de pombas.
  • Aconséllase que iste día, todos se vistan cunha prenda de roupa branca: camisa, camiseta, xersei, luvas… para dar sensación de uniformidade.


O Acto dará comezo as 11:30 h. nas pistas polideportivas onde se acomodarán os 990 alumnos/as matriculados no colexio. No caso de que as circunstancias meteorolóxicas non o permitan, cancelaríase o acto e celebraríase noutra data máis propicia.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS