Unha das principais novidades do programa de actividades de inverno que organiza a Concellería de cultura e deportes. Cóntase con 80 participantes. Continúa aberta a inscrición para o curso de ximnasia de mantemento de Vilaño...
Unha das principais novidades do programa de actividades de inverno, organizado pola Concellería de cultura e deportes da Laracha baixo a dirección da edil Patricia Bello, é o curso de danza do ventre, que comezou a impartirse onte no baixo da biblioteca municipal da Laracha.
A novidosa proposta conta con 80 participantes, que ata finais do mes de abril realizarán sesións semanais de dúas horas de duración.
Desde o Concello da Laracha lembramos que permanece aberta a inscrición para a actividade de ximnasia de mantemento de Vilaño, que está previsto desenvolver no novo centro sociocultural desa parroquia os mércores de 19.00 a 20.00 horas, con data de inicio aínda por concretar.
Todos os veciños empadroados no Concello da Laracha teñen dereito a inscribirse a participar gratuítamente en calquera das disclipinas que se oferta no programa de actividades de inverno. Para anotarse deben dirixirse ao departamento de cultura e deportes (segundo andar da Casa do Concello ou 981 605 001).