A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou onte o concello de Coirós, onde se entrevistou co alcalde, Francisco Quintela...
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou onte a apertura dunha nova escola infantil en Coirós (A Coruña) de 20 prazas, prevista para o próximo mes de setembro, e que será a primeira infraestrutura destas características no concello.
Beatriz Mato visitou esta localidade, onde se entrevistou co alcalde, Francisco Quintela, e aproveitou para percorrer as obras deste novo centro, que supuxo un investimento de 250.000 euros para o departamento autonómico, ademais dun mantemento anual de 90.0000 euros.
A titular de Benestar lembrou que as escolas infantís son un servizo esencial para as familias actuais, porque garanten unha atención de calidade, ademais de permitir avanzar na conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Duplicar a oferta
A aposta do departamento autonómico polas escolas infantís reflíctese na comarca de Betanzos na que, nos próximos sete meses, duplicarase a oferta de prazas públicas de educación para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Deste xeito, ás 20 prazas das que disporá esta nova escola, sumaranse as 74 da nova escola de Betanzos, que abrirá en marzo; e as 61 da escola de Curtis, que se porá en marcha en setembro.
Deste xeito, a Xunta creará 155 novas prazas públicas este ano na comarca, o que supón un incremento do 95%, ata un total de 317 prazas que estarán dispoñibles o próximo outono. Coirós no marco do Plan de Cooperación, o que supuxo un aumento de case un 75% con respecto a 2010.