Sábado, 11 febrero 2012

O BNG presenta unha moción en apoio á iniciativa lexislativa popular para a defensa da sanidade pública en Galiza

Enviar por email

Silvia Seixas reclama que se garanta a sanidade pública como servizo universal, gratuíto e de calidade, así como manter a xestión pública e directa do sistema de saúde de Galiza...

[Img #15235]O Grupo Municipal do BNG levará ao vindeiro Pleno ordinario de febreiro unha moción de apoio á iniciativa lexislativa popular que está a impulsar a Plataforma SOS Sanidade Pública para a defensa e promoción da sanidade pública en Galiza, para deter a política de recortes e privatizacións da sanidade pública que está a levar a cabo o PP desde a Xunta de Galiza e para garantir o dereito constitucional á protección da saúde dos galegos e galegas.

Neste sentido, os nacionalistas piden na moción manifestar o apoio da Corporación municipal á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e dar traslado do mesmo á presidenta do Parlamento de Galiza, portavoces parlamentares e presidente da Xunta de Galiza; animar a veciñanza a colaborar coa iniciativa e instar a Xunta de Galiza e a Consellaría de sanidade a garantir a sanidade pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza.

“O PP está desmantelando a sanidade pública”
A portavoz do BNG Silvia Seixas, salienta que a sanidade pública constitúe un elemento básico do Estado Social e un claro indicador de equidade e solidariedade. “Con todo, nos últimos tempos, estes principios aparecen cuestionados hai un ataque e desmantelamento dos sistemas públicos de saúde, unha campaña liderada polo PP, o  deterioramento da sanidade galega é froito de tres anos de decisións do goberno Feijoo” engade.

Silvia Seixas lembra os problemas que houbo no verán no Abente e Lago e que afectaron a toda a comarca no verán e a desactivación da tarxeta sanitaria a persoas sen recursos e desempregadas

“A sanidade pública non debe converterse na vítima da crise”, silvia seixas denuncia que as políticas do PP na Xunta de Galiza se traduciron “ademais de na rebaixa cada ano dos orzamentos, en máis listas de espera, na incapacidade para atender os provedores, nos recortes dos dereitos da atención, no abandono das asociacións que fan labores de prevención e asistencia así como no continuo deterioramento das condicións laborais dos profesionais dos centros de saúde e dos hospitais”

En Arteixo hai multitude de problemas nos centros de saúde que se estána agrvando desde que o PP goberna na Xunta de Galiza, non hai persoal administrativo suficiente, non se cubren baixas, urxencias do PAC está colapasado, falta de pediatras, nula inversións no centro de saúde de Meicende…. Por outra banda nos últimos meses do ano veciños e veciñas de Arteixo sufriron á desactivación sen previo aviso das tarxetas sanitarias ás persoas desempregadas de longa duración e ás persoas sen recursos. “Resulta incríbel que un Goberno deixara sen atención sanitaria gratuíta e sen medicinas milleiros de cidadáns e cidadás”, destaca.

Por último, Silvia Seixas considera fundamental “a universalidade e gratuidade da sanidade pública, e garantir a accesibilidade á atención de saúde e condicións equitativas para toda a poboación, independentemente da súa capacidade económica”.

¡Deje su comentario!
1 Comentario
fernanda
Fecha: Sábado, 18 febrero 2012 a las 18:12
Os galegos despois,lamentanonos.
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS