Sábado, 11 febrero 2012

Exposición Patrimonio Marítimo

Enviar por email

As embarcacións tradicionais do Arco Artabro, Ortegal e Mariña de Lugo. Exposición premiada co “Antonio Fraguas” do Museo do Pobo Galego...

[Img #15241]Nesta exposición analízase o patrimonio cultural enormemente variado e espallado, ligado ao mundo do mar, que ten como fío condutor as augas que abeiran á Galiza e que son un dos seus principais sinais de identidade.

Este patrimonio comprende tanto as embarcacións canto as construcións e o mobiliario sitos na banda costeira e vencellados ao uso e á explotación dos recursos de pesca.

Estas variantes do patrimonio marítimo, foron obxecto de estudo dos alumnos de 2º de bacharelato do IES Concepción Arenal de Ferrol durante 2007 e 2008, so a dirección de Bernardo Máiz Vázquez e Enrique Freire Hermida. Este traballo foi premiado na 5ª edición do Proxecto Didáctico da Fundación Fraguas e o Museo do Pobo Galego e a súa singularidade radica en que se centra en embarcacións propias da Costa da Morte, do Arco Ártabro, do Ortegal e da Costa Cantábrica, pouco destacadas en obras doutros estudiosos.

¡Deje su comentario!
3 Comentarios
eva
Fecha: Sábado, 18 febrero 2012 a las 18:07
Non te escondas para acusas a ningen ,de amañar subvencion.Si tanven osabes,provao.¿Non chederona invitacion?.
maría
Fecha: Miércoles, 15 febrero 2012 a las 08:45
ánimo, polo que vexo hai moito veleno en certos comentarios o que significa que molesta a xente preparada e que traballa. igual pensan algúns, e falo por este que escribe aquí e que supoño que é o mesmo que o fai noutros comentarios, que todos temos que lamber cús, ou xustificar o salario que ganamos como fai el mentindo e difamando, afortunadamente somos moitos os que facemos o que queremos, aínda que vos pique. Canto máis vos pique mellor!. por certo detrás dos teus comentarios podemos ver que fas acusacións moi graves como amañar subvencións igual tanto monte da estrela como a señora que mencionas deberían empezar a tomar cartas no asunto e que tiveras que demostralo así veriamos quen eres tamén, que igual era moi interesante verte coa túa verdadeira cara e co teu verdadeiro nome. E alá a seguir retorcéndote no teu propio veleno e no teu propio odio, nas túas mentiras.
Queren cartos
Fecha: Lunes, 13 febrero 2012 a las 21:05
Outra argallada do, Monte da estrela, para acadar subencións. Notase que agora Silvia Seixas xa non ten forma de cargarlles as da Diputación e teñen que andar a sacar as bocetas de ferrol en fotos.
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS