Toda a superficie cualificada no PXOM para uso industrial e que está sen desenvolver máis tres bolsas de solo situadas nas inmediacións do polígono. Entre o planeamento desenvolvido, o que está en execución e o previsto no PXOM suman case 4 millóns de m2 de superficie. O goberno municipal adiántase, deste xeito, a futuras necesidades de solo industrial que poidan presentarse...
O Concello da Laracha xa é unha referencia para o sector industrial no norte de Galicia trala recente inauguración do parque empresarial. A súa estratéxica situación, excelentes comunicacións e ampla cobertura en servizos conforman unha nova e atractiva posibilidade que se abre para que as firmas poidan instalarse no eixo comercial A Coruña-Arteixo-Carballo.
O equipo de goberno municipal estase adiantando ás posibles futuras demandas de solo e por este motivo proporá á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia que inclúa no Plan Sectorial de Parques Empresariais de Galicia toda a superficie cualificada no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo urbanizable non delimitado de uso industrial, así como outras tres bolsas de terreo que quedaron xunto á área desenvolvida e que non teñen actualmente esa cualificación.
Estas tres bolsas de terreo están situadas en:
No caso de que a suxerencia do Concello sexa finalmente incluída no Plan Sectorial de Parques Empresariais de Galicia, A Laracha pasaría a ter nun mesmo ámbito, entre iniciativas públicas e privadas, case catro millóns de metros cadrados de terreo de superficie cualificada para o desenvolvemento industrial, co seguinte desglose:
Áreas xa integradas no Plan Sectorial de Parques Empresariais de Galicia:
Áreas propostas para ser incluídas no Plan Sectorial de Parques Empresariais de Galicia:
Recentemente o Alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, mantivo unha reunión de traballo co Director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné, para explicarlle persoalmente esta proposta que nace do goberno municipal.
A posta en funcionamento do parque empresarial da Laracha é considerada polo goberno municipal como a gran esperanza para reactivar o sector económico municipal a todos os niveis, porque a creación de emprego permitiría o desenvolvemento urbanístico e o aumento poboacional, favorecendo ao mesmo tempo ao comercio e aos servizos locais.
Por ese motivo estanse tomando medidas para promocionar e potenciar o polígono industrial. A última anunciada polo goberno municipal é que proporá ao Pleno na próxima reunión ordinaria bonificar nun 95% no Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO) ás firmas que se instalen no ámbito do parque empresarial da Laracha.