Domingo, 12 febrero 2012

Nota de prensa do PP

Enviar por email

O Tribunal de Contas e o Xulgado de Instrucción de Carballo arquivan as denuncias de D. Miguel Angel Delgado González contra o alcalde da Laracha. O PP da Laracha esixe ó BNG unha inmediata e contundente disculpa pública por parte de D. Xoan Manoel Sande e D. Carlos Aymerich...

As denuncias interpostas por D. Miguel Ángel Delgado González ante o Tribunal de Contas e o Ministerio Fiscal contra o alcalde da Laracha foron arquivadas despois de practicarse a investigación das dilixencias previas e, por tanto, sen terse aberto en ningún momento un procedemento penal por calquera das causas denunciadas.

O breve auto do Xulgado de primeira instancia e instrución de Carballo decreta o sobresemento da causa e o arquivo das actuacións tras fundamentar que “no aparece justificada la perpetración del delito que ha dado motivo a la formación de la causa”

O auto da sección de enxuizamento do Tribunal de Contas fundamenta que “practicadas las actuaciones instructoras consta en autos, de manera indubitada, que […] ni siquiera dicho supuesto de hecho ha existido. […] Como consecuencia, no nos encontramos ante hechos que queden al margen de generar responsabilidad contable por alcance. Lo que aquí ocurre es que ni siquiera se han producido los hechos puestos de manifiesto por el denunciante”. En base ó anterior, o Conselleiro de Contas dispón “no haber lugar a la incoación del procedimiento”.

Ambos autos xa están en poder da asesoría xurídica do concello da Laracha, que nos próximos días emprenderá accións legais contra D. Miguel Ángel Delgado González por denuncias falsas, calumnias, inxurias e difamación continúa contra o alcalde.

O PP da Laracha lamenta profundamente que o afán de protagonismo dun particular o levase a atentar contra a honra do alcalde da Laracha e a poñer en entredito ante a opinión pública a súa impecable xestión á fronte do goberno municipal.

Tamén lamentamos a esperpéntica e irresponsable campaña de difamación levada a cabo polo líder do grupo municipal do BNG da Laracha, D. Xoán Manoel Sande Muñiz, e polo exvoceiro no Parlamento de Galicia da mesma formación nacionalista, D. Carlos Aymerich Cano.

Dando mostras dunha total falta de decencia política, D. Xoán Manoel Sande Muñiz e D. Carlos Aymerich Cano, en nome do BNG, convocaron roldas de prensa e remitiron numerosas notas aos medios de comunicación facendo un xuízo paralelo ante a opinión pública e tratando de mancillar a honra do alcalde, sempre baseándose nunhas denuncias falsas, sen contrastar os feitos, sen aportar ningún tipo de probas e sen fundamentar unhas graves acusacións que se exceden da crítica política.

Por iso, desde o PP da Laracha esiximos unha inmediata e contundente disculpa pública por parte de D. Xoán Manoel Sande Muñiz e D. Carlos Aymerich Cano, en primeiro lugar ó propio alcalde; en segundo lugar ó grupo municipal do PP da Laracha e, por último, a toda a poboación do municipio, porque as continuadas declaracións dos dous representantes do BNG tamén danaron a imaxe do concello da Laracha en xeral.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS