Martes, 14 febrero 2012

Nota de prensa do PSOE

Enviar por email

Mocion radio Arteixo xaneiro e frebreiro...

Ó PLENO DO CONCELLO DE ARTEIXO



Martín Seco García na súa condición de voceiro do Grupo Municial Socialista no Concello de Arteixo, comparece e como mellor en dereito proceda DI:

Que o abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:


MOCIÓN

    

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


No regulamento de funcionamento de Radio Arteixo, podemos ler no segundo punto do Artigo 1 de Principios Xerais, o seguinte texto:

  • • O Pleno da Corporación Municipal exercerá o control respecto ás actuacións da xestión do servizo público de xestión da emisora municipal "Radio Arteixo".



Polo que resulta evidente que esta cuestión axústase a ser debatida neste Pleno do Concello.


 Dende o mes de Septembro de 2011, o Grupo Municipal Socialista ven presentando iniciativas neste órgano, para conquerir un posicionamento claro do Grupo de Goberno do Partido Popular e o noso Alcalde, Carlos Calvelo, sobre o futuro da Radio Municipal do noso Concello, que está a ser pouco respaldada polos actuais dirixentes locais, que a deixaron case que sen contidos e cunha programación menor do imprescindible para un medio público coma éste, ademais nin tan sequera se ten convocado ao Consello de Radio Arteixo para tomar decisións sobre a sua programación e sobre a problemática da falla de emisión no repetidor sancionado polo Ministerio e as solucións a adoptar para unha emisión a toda a cidadanía do noso Concello, cando este Consello foi requerido en múltiples ocasións polos partidos da oposición en diferentes foros oficiais.


Faise inexcusable que tódolos grupos políticos de Arteixo, tomemos posición, e digamos o que desexamos que suceda coa nosa Radio Municipal no futuro, e se o noso interés é o mantemento deste ben público, que traballemos codo con codo para conquerir solucionar os problemas de emisión que ten este medio e que non deberían de ser coartada para evitar o debate entre as diferentes sensibilidades políticas do noso Concello.

Dende o ano 2007, sendo todavía alcalde o señor Pose Miñones do PP, estableceuse no Consello de Administración de Radio Arteixo un mecanismo de participación política de tódolos grupos presentes na corporación polo que se lles asignaba un tempo de 20 minutos semanais para falar dos temas de actualidade do noso Concello, anteriormente xa estaba contemplada a participación destes grupos aínda que ese tempo era de 30 minutos mensuais para tódolos grupos políticos de dita corporación.

No mes de Abril do 2011, o Consello de Administración de Radio Arteixo toma a decisión de suspender os espazos poíticos durante a Campaña Electoral, sendo contemplado literalmente na acta de dito Consello do seguinte xeito:

“Acorda: 1.- Suprimir, entre o 5 de Maio (comezo da campaña electoral ) e ata a composición da nova corporación, os programas de intervención semanal dos grupos políticos municipal”

Dende fai xa bastantes meses a nova corporación está constituida e sospeitosamente seguimos sen poder escoltar aos nosos representantes na radio municipal. Por outro lado a chegada da orde de incoación de expediente sancionador dictada pola Sª Estado de Telecomuniciacións pola instalación e funcionamento dun radioenlace para o transporte de programas de radio difusión sen autorización administrativa, acóllese por parte do goberno local sen que semelle que busque os mecanismos posibles de solución deste problema, máis que o simple desmantelado de dito transmisor e sen que ninguén saiba nada dos posibles trámites que se pudieran realizar para emitir para tódolos cidadáns do nso concello.

Para aqueles que cremos na democracia e no establecemento de tódolos cauces posibles de participación cidadá e dos grupos políticos na vida do Concello, consideramos imprescindible contar cunha radio municipal, que dé participación a tódolos grupos polítcos e a tódolos cidadáns de Arteixo e dende a chegada do novo goberno local do señor Calvelo, a Radio Municipal segue sen reanudar os seus espazos semanais de participación dos grupos municipais e todo semella que esta inactividade agrada os nosos dirixentes do Partido Popular que non convocan o Consello de Radio Arteixo, nin dan orden de voltar a dita programación, polo que semella que teñen medo do debate político e de ter unha radio que ceda a palabra aos veciños e aos seus representantes.


Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,


ACORDO:


  • Os Grupos políticos presentes no Concello de Arteixo queremos facer pública a necesidade de que o noso Concello conte cunha Radio Municipal pionera na nosa xeografía e nos mostramos públicamente comprometidos a traballar por manter as emisións deste medio de comunicación, contando coa participación da pluralidade das forzas políticas e buscando aquelas actuacións que sexan necesarias para conquerir unha emisión completa en todo o territorio do noso Concello.


  • Solicitamos do señor Alcalde, que convoque urxentemente o Consello de Radio Arteixo para debater sobre estas cuestións e sobre a problemática da falla de emisión para todo o noso territorio.


  • Solicitamos deste Consello, a reanudacción dos programas de intervención semanal dos grupos polítcos presentes na corporación municipal de Arteixo nas mesmas condicións que en datas anteriores á Campaña Electoral deste ano, como se emplazaba no acordo tomado en Abril por tódolos Grupos Políticos.
¡Deje su comentario!
5 Comentarios
maricarmen
Fecha: Lunes, 27 febrero 2012 a las 18:56
Eu estou a favor de que reanuden as emisións, e a poder ser o antes posible. Hay xente que non quere que se gasten os seus cartos nun medio de comunicación, eu creo que os cartos dos contribuintes non nos din en que os meten(dende logo, no que mais falta fai no nos gasta ninguen)así que po-la miña parte, a lo menos se hay unha radio,mal que ben, de algo nos enterariamos.
MARIA
Fecha: Miércoles, 22 febrero 2012 a las 10:15
Es normal que la radio municipal tuviese la licencia ilegal si esta hecha por Pose. ¿hay alguna licencia de Pose que esté legal?, las multas y sanciones que las pague Pose y Vila Vilas.
Que a cerren
Fecha: Viernes, 17 febrero 2012 a las 17:29
De momento solamente na radio gastaronse 85.000 € de multas a Sgae, ademais de 60.000 que habia que pagar o estado por unha antena que estaba ilegal. Si estades sempre protestando por que hay cousas ilegales, para unha que a poñen legal ides e protestades. Xa está ben de pagar multas por cousas que non serven para nada, actualmente a radio en Arteixo escoitana catro veciños, se os partidos politicos, ( todos), queren que os veciños os esoiten que poñan coches coma os que poñen nas campañas electorales e o político que se queira desafogar falando na radio, que vaia a un sicólogo e que fale con el toda a tarde. A radio en Arteixo e coma quen non a ten.
JUAN FERNANDEZ
Fecha: Miércoles, 15 febrero 2012 a las 12:41
Comentario 1 no te preocupes no hace falta que pidas que la cierren pues ya está cerrada, para que nadie se entere de nada. Tus impuestos tendrán que utilizarse como los de los demás ciudadanos y yo prefiero la Rado Municipal y no que se pague con mis impuestos el traslado de un olivo de Morás a Uxes en el cual se han quedado 7227 Euros pues con ese dinero si que se podía ayudar a unos cuantos que están pasando hambre, y no digamos si no cobrasen la diferencia de salarios que cobran estos con respeto de los anteriores, 250.000 Euros anuales, o bien no solicitar tantos estudios para saber lo que hay que hacer con el centro de nuevas tecnologías 20.000,. Euros o para que nos digan lo que hay que hacer en materia de turismo 18.000 Euros, Etc. Etc. Eso si es tirar el dinero.
Que a cerren
Fecha: Martes, 14 febrero 2012 a las 10:23
Que se deixen de ostias, que cerren a radio de unha vez e que non anden a gastar os meus impostos en facer entrepotes nin intervencións políticas, o político que quiera falar na radio, que pague un apartado e despois que fale, pero que non o faga cos meus impostos, que bastante hay donde gastalos, Hay moita xente que ta a pasar fame, para que agora encima gastemos cartos en una radio que solo sirve para falar os políticos, o que queira falelles os veciños que alquile un coche con megafonía como fan nas campañas e que anden por ahí berrando todo o dia. Cerrar a radio XA.
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS