Martín Seco García na súa condición de voceiro do Grupo Municial Socialista no Concello de Arteixo, comparece e como mellor en dereito proceda DI...
Que o abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
A Plataforma SOS Sanidade Pública está a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa finalidade de deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública impulsada polo actual Goberno Galego e co fin de garantir o dereito constitucional á protección da saúde dos galegos e galegas.
O artigo 43 da Constitución recoñece o dereito á protección da saúde, correspondendo aos poderes públicos organizaren e tutelaren a saúde pública, mediante as medidas preventivas, as prestacións e os servizos necesarios. É competencia da Comunidade Autónoma de Galiza, o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior, así como en materia de Seguridade Social, excepto as normas que configuraron o seu réxime económico.
A sanidade pública constitúe -xunto co ensino e os demáis servizos públicos- un elemento básico do Estado Social e un claro indicador de equidade e solidariedade. Nas últimas décadas, porén, estes principios aparecen cuestionados por unha campaña neoliberal de ataque e desmantelamento dos sistemas públicos de saúde. A decisión de combinar unha redución do orzamento sanitario co recurso ao sector privado para construír, restaurar, equipar e xestionar os centros sanitarios leva ao sistema a unha situación de limitación dos recursos necesarios para o mantemento da actividade dosservizos, e a un grao de endebedamento incompatíbel co sustento do sistema público, cando menos nas condicións actuais de universalidade e gratuidade no momento do uso, e que garanten a accesibilidade á atención de saúde e condicións equitativas para toda a poboación.
A finalidade da proposición de Lei, presentada pola Plataforma SOS Sanidade Pública vía iniciativa popular, é frear esa tendencia privatizadora mediante a defensa e PSdeG-PSOE de Arteixo promoción da sanidade pública galega como garantía para a efectividade do dereito constitucional á protección da saúde.
Así pois, a proposición de Lei opta expresamente pola xestión pública directa das institucións sanitarias do Sistema de Saúde de Galiza, na liña histórica marcada pola Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Sanidade. Rexéitanse así as fórmulas de colaboración público-privada (private finance initiative ou concesión de obra pública), que en países do noso contorno produciron un contrastado empeoramento da calidade asistencial e un enorme aumento dos custos sanitarios.
A proposición de Lei pretende tamén mellorar o servizo público prestado á cidadanía incrementando a capacidade resolutiva en atención primaria como instrumento de achegamento dos servizos de saúde ao territorio e que terá unha grande incidencia naredución dos tempos de espera hospitalaria.
Finalmente, a proposición de Lei configura un sistema de xestión descentralizado territorialmente, promovendo a autonomía das áreas sanitarias, sen que isto supoña a renuncia a decisións centralizadas sobre cuestións concretas que melloren a efectividade das decisións.
Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes.
PRIMEIRO- Manifestar o apoio do Pleno do Concello á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e dar traslado do mesmo á presidenta do Parlamento de Galiza.
SEGUNDO- Animar aos veciños e veciñas do noso concello a colaborar con esta iniciativa.
TERCEIRO- Instar á Xunta de Galiza e á Consellería de Sanidade a garantir a Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza