O vindeiro venres 24 de febreiro, celebraranse as finais da Supercopa de Fútbol Sala, que enfronta aos mellores equipos das competicións de liga e de copa, da tempada 2010-2011, tanto en categoría de veteráns como de senior...
O evento terá lugar no Pazo Municipal dos Deportes de Arteixo a partir das 21.00h, hora na que se xogará a final da categoría sénior e enfrontaranse os equipos Horta e Los Frangos. A continuación, ás 21.45h., terá lugar a da final en categoría de veteráns, na que competirán polo título, os equipos Construcciones Rodríguez Cancela e Cortiplás.
Despois da celebración destes encontros sobre as 22.30 h, realizarase a entrega de trofeos aos respectivos campións e subcampións do torneo.