Domingo, 19 febrero 2012

A Mesa de Comercio Local constituirase a próxima semana

Enviar por email

A sesión celebrarase o venres ás 13.00 horas. Contará con representación da Corporación Municipal, do comercio local, da asociación de consumidores e da administración autonómica. O propósito é crear un foro de debate para consensuar as políticas municipais máis axeitadas para promover o comercio local...

O Concello da Laracha constituirá a Mesa de Comercio Local a próxima semana nunha sesión que foi convocada para o venres 24 de febreiro ás 13.00 horas no Salón de Plenos.

O obxecto fundamental da constitución da Mesa Local do Comercio é dar voz e voto ás diferentes asociacións locais relacionadas co comercio, crendo un foro de debate plural e eficaz que se reunirá, canda menos, unha vez ao ano co propósito de dotar dun maior dinamismo a este tipo de relacións no municipio e consensuar  entre todas as partes as políticas municipais máis axeitadas para promocionar a actividade comercial na Laracha.

Formarán parte da Mesa de Comercio Local do Concello da Laracha:

  • - O Alcalde, José Manuel López Varela, en calidade de Presidente.
  • - O secretario da Corporación Municipal.
  • - Os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Alberto Blanco Veiga en representación da Corporación Municipal.
  • - O Presidente da Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha, Jesús Vázquez, en representación do pequeno comercio local.
  • - Graciela Damil, a responsable técnica da asociación de consumidores provincial Coeticor.
  • - Manuel Sanmartín Rodríguez, inspector de comercio da delegación territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, representando á administración autonómica.


A iniciativa da creación das Mesas Locais do Comercio nos municipios galegos nace da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e é unha das medidas incluídas na Lei do Comercio Interior de Galicia.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS