Domingo, 19 febrero 2012

A Xunta realiza o repintado dos sete pasos para peóns da estrada c-552 no casco urbano da Laracha

Enviar por email

Favorecendo a súa visibilidade e mellorando a seguridade viaria. A actuación foi financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas...

[Img #15385]A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia acometeu unha importante actuación de mellora da seguridade viaria na estrada C-552 ao seu paso pola capital municipal da Laracha.

As labores efectuadas consistiron no reforzamento da sinalización horizontal co repintado dos sete pasos para peóns que se sitúan neste tramo da vía, favorecendo deste xeito a súa visibilidade por parte dos condutores e viandantes, que era dificultosa  por causa do desgaste provocado polo propio uso da calzada.

Esta actuación acometeuse despois das xestións realizadas polo grupo de goberno da Laracha con responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, dado que a vía é de titularidade autonómica

A estrada C-552 é o eixo vertebrador da rede viaria no municipio e é a carreteira máis transitada do Concello da Laracha ao comunicar, entre si, os dous principais núcleos urbanos e enlazalos coa vías que dirixen a Carballo –pasando polas parroquias de Cabovilaño e de Lemaio- e á Coruña –a través do municipio de Arteixo-.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS